Alfonso Villares, alcalde de Cervo: “Haberá máis baños e un punto violeta na Maruxaina”

Anuncia máis presenza da Garda Civil e de seguridade privada.

Reunión sobre a seguridade da Festa da Maruxaina / SUBDELEGEACIÓN DO GOBERNO EN LUGO.

A festa da Maruxaina, que se celebrará en San Cibrao, no municipio de Cervo, este sábado, 13 de agosto, contará con máis presenza da Garda Civil e de seguridade privada, que velará porque non se repita as gravacións ilegais de fai tres anos a máis dun centenar de mulleres mentres mexaban, que nalgún caso subíronse a webs pornográficas.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, comprometeu “cubrir máis os espazos de seguridade e de baños públicos para que a festa siga sendo un referente non só na Mariña senón en toda a provincia”. Ademais do reforzo da seguridade, acordado na Xunta Local de Seguridade, porase “un punto de emerxencia na festa”. Así, contarase cun ‘punto violeta’ para previr as agresións a mulleres.

Falamos dunha festa declarada de Interese Turístico Galego e, como todas as festas, a clave é vir con ganas de pasalo ben e con ganas de gozar do pobo”, destaca. “Temos que respectar tamén toda a nosa contorna, o medio ambiente, o mobiliario público e ser o máis cívicos posible. Esa é a clave fundamental para que todos os eventos festivos sexan positivos. Imos reforzar a seguridade para que siga sendo unha festa referente na provincia”, resaltou.

Finalmente, apelou a esas actitudes cívicas, xa que a afluencia de miles de visitantes fai “moi difícil” controlar todos os comportamentos que nese recinto festivo póidanse producir este sábado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here